viernes, 13 de junio de 2025

Psicomotricidade con pelotas.

 O outro dia apareceu na clase unha caixa moi chuli, con dous furados e un montón de pelotas, as cales perseguimos por toda a aula para devolvelas polos furadiños o interior da caixa. 

Con está actividade buscamos traballar a psicomotricidade grosa dos nenos e nenas e tamén a coordinación ollo-man. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 
     



viernes, 6 de junio de 2025

A granxa.



Esta semana comezamos a traballar a granxa. Lemos contos, xogamos cos animaliños, cantamos cancións... e entre todos pintamos un mural moi chulo, estampamos as mans nada máis  e nada menos que na Vaca Lola, o animaliño estrela que nos ten loquiños a todos.  

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



miércoles, 21 de mayo de 2025

Xogo sensorial con botellas.

 O longo de todo o curso traballamos moito a través do xogo sensorial, este tipo de xogos permitennos explorar e afianzar os sentidos, a coordinación, a motricidade...

Por aquí vos deixo unhas fotiños coas botellas sensoriais, as cales nos axudan a estimular o desarrollo dos peques como a motricidade fina, a coordinación ollo-man, o oído, a vista... e por suposto a pasar un ratiño xenial!! 


Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 




lunes, 12 de mayo de 2025

Psicomotricidade.

 Esta semana fixemos unha sesión de psicomotricidade con diferentes colchonetas e coxíns na que o pasamos moi ben! 

Este tipo de sesións permitennos fomentar a movilidade e a exploración segura. Un espazo no que practicar as nosas habilidades motoras como rodar, gatear, poñernos de pé... 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


jueves, 24 de abril de 2025

Día do Libro

 Onte celebramos no cole o Día do Libro. 

Lemos un conto e pintamos cos dediños para facer cada un o seu marcapaxinas. 



Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 11 de abril de 2025

Resumo do 2° trimestre

Chegado o final deste segundo trimestre aquí tendes un recordo con alguns dos momentos e actividades que fixemos neste tempo. 
Espero que vos guste. Feliz Pascua! 


Para ver pinchade na imaxe.


 

viernes, 14 de marzo de 2025

Semana da prensa 2025.

 Esta semana celebramos no cole a semana da Prensa. 

O longo de toda a semana fixemos actividades centradas na observación e manipulación de xornais. Algunhas destas actividades consistiron en rachar as follas, manipular e lanzar bolas de papel, estampar as mans de cores...

Pasámolo moi ben con esta nova experiencia! 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 




Psicomotricidade con pelotas.

 O outro dia apareceu na clase unha caixa moi chuli, con dous furados e un montón de pelotas, as cales perseguimos por toda a aula para devo...